jueves, 19 de octubre de 2017

proyecto lector

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROCESO LECTOR

DEPARTAMENTO DE PLASTICA VISUAL E AUDIOVISUAL1º, 3º 4º ESO

Todos os departamentos estamos implicados no mesmo, coordinados polo departamento de Lingua Galega. A nosa participación consiste de momento en:

.a) Práctica de lectura diaria na aula facendo un traballo de síntese da información
.b) Elaboración colectiva de esquemas na aula cos aspectos principais de cada tema.
.c)  Aprendizaxe de termos específicos da materia tanto en castelán como en galego.
.d) Análise da etimoloxía dos vocablos máis empregados, especialmente en Xeometría
e). Probas escritas nas que os alumnos deben dar definicións razoadas dos elementos e trazados básicos estudados.
f.) Proposta de adquisición de libros relacionados (directa ou indirectamente) cas artes ó equipo de biblioteca.
g). Participación en proxectos relacionados coas actividades da biblioteca: ilustracións para relatos, creación de libriños, deseño de portadas de CD, etc.

En cumprimento do “plan lector” do centro este departamento adicará un tempo mínimo de 10 minutos á lectura en cada unha das materias, tanto á lectura de textos continuos (expositivos, descritivos e argumentativos) como discontinuos en especial

1º BACH

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROCESO LECTOR

No que respecta as Medidas para o fomento da lectura actuarase de acordo coas resolucións que neste sentido elabore o centro en cada caso e que aparezan reflectidas no Proxecto Educativo do Centro e na Programación Anual.